Tuesday 07 de May de 2024

A corporación aprobará no pleno de xuño investimentos por 4,7 millóns de euros con cargo ao remanente


A orde do día inclúe tamén a aprobación inicial da ordenanza reguladora de feiras e mercados

En plena resaca festiva, a corporación municipal de Carballo reunirase o luns 27 de xuño para aprobar, entre outras cuestións, unha modificación do orzamento para incorporar 4.729.912,88 euros do remanente de tesourería para destinalos a investimentos. O alcalde, Evencio Ferrero, presentou hoxe a proposta:
• Convenio Cámara de Comercio: 15.000 euros
• Accesibilidade peonil barrio das Flores e rúa Perú: 290.859,80
• Beirarrúas para a mellora da accesibilidade peonil na contorna urbana: 167.892,34
• Acondicionamento de aparcamento e sinalización no polígono industrial de Bértoa: 106.717,97
• Ferramenta de rescate de Protección Civil: 23.000
• Actuacións de desenvolvemento do PXOM (rúas Castro Chané, en Bértoa, e Neptuno, en Razo): 45.000
• Actuacións de desenvolvemento do convenio con Augas de Galicia (San Martiño, Muíño do Quinto e A Cepeira): 99.433,24
• Actuacións de desenvolvemento do PXOM (sistema xeral VI1): 215.000
• Praza de San Miguel de Vilela: 250.000 euros
• Acondicionamento de praza en Outeiro (Sísamo): 45.000
• Adaptación á aliñación do edificio da antiga estación de trolebuses polo lado oeste: 32.084,25
• Outros investimentos en vías públicas: 40.000
• Outros investimentos en vías públicas do rural: 30.000
• Reurbanización das rúas Labarta Pose, Murguía, Otero Pedrayo: 355.955,40
• Reurbanización das rúas Ourense e Baños Vellos: 81.091,50
• Pavimentación do entorno da igrexa de Cances da Vila: 126.156
• Beirarrúas en Ardaña: 175.000
• Acceso ao local social de Lema: 30.000
• Rede de saneamento e abastecemento en Cambre de Lema e Cambrelle: 103.130,50
• Rede de saneamento e abastecemento na parroquia de Bértoa: 39.000
• Rede de abastecemento de auga potable dende Santa María de Ardaña ata Canosa-Rus (liquidación): 16.161,22
• Rede de abastecemento de auga potable á baixa de Sofán (POS+ Complementario): 88.890,86
• Saneamento do Igrexario de Lema a Arnados: 184.446,94
• Melloras na rede de saneamento na zona urbana: 173.622,10
• Papeleiras de reciclaxe nos edificios públicos: 6.000 euros
• Ampliación do cemiterio municipal. Fase 1: 302.682,94
• Inclusión de puntos de luz de tanto alzado na rede municipal: 227.467,40
• Parque infantil de Artes: 12.898,48
• Reforma integral do parque infantil de Bértoa: 150.000
• Reforma integral do parque infantil de Razo: 146.125,14
• Mantemento e conservación do firme do paseo do Anllóns: 137.026,90
• Mantemento e conservación de zonas verdes: 42.971,14
• Proxecto de accesibilidade ás praias: 10.000
• Sinalización dos accesos a Razo e Baldaio: 24.500
• Bases e soportes para os colectores de lixo: 40.000
• Mellora das zonas verdes: 86.000
• Ruta das Férvedas: 20.000
• Mantemento do edificio Fórum Carballo: 50.000
• Centro social de Xoane-Goiáns. Fase 2: 96.922,45
• Ampliación do circuíto de motocross: 50.000
• Reforma do campo de fútbol de Sofán: 298.000
• Equipamento para instalacións deportivas: 187.200
• Subministro de enerxía eléctrica do mercado de abastos: 8.000
• Servizo de xerencia do mercado de abastos: 60.000
• Reforma parcial dos almacéns municipais: 15.676,31
• Intereses mora: 25.000
Na sesión plenaria tamén se someterá a aprobación, de xeito inicial, a nova ordenanza reguladora das feiras e mercados tradicionais. O concelleiro de Feiras e Mercados, Juan Seoane, que acompañou ao alcalde na presentación dos asuntos do pleno, explicou as principais novidades do texto, que xa superou a fase de consultas e despois da aprobación inicial volverá a expoñerse ao público para alegacións. O obxectivo fundamental da reforma é adaptar a ordenanza á normativa autonómica.